Sunday 05 de May de 2024

Cabanas entregará este venres os premios do IV Certame de Poesía e Microrrelato


O acto terá lugar ás 18h no Salón de Actos da Escola Laica

A área de normalización do Concello de Cabanas organiza este venres 9 de xuño ás 18 horas o acto de entrega de premios do IV Certame de Poesía e Microrrelato Concello de Cabanas, que nesta edición contou con 32 participantes de toda Galiza.

Martiño Maseda Lozano (Vilalba, 52 anos), gañou o premio na categoría de poesía adulta coa obra “Lingua que me falas”, mentres que Valería Rodríguez García (Ferrol, 11 anos), impúxose na de poesía xuvenil con “O meu monstro pequeniño”.

No que ten a ver co microrrelato, a obra “Taxi” de Pablo Nogueira Campo (Ourense, 36 anos) foi a gañadora na sección de adultos, mentres que “Nicolasito Sirius” de Ada Sofía Tenreiro Filgueira (Pontedeume, 14 anos) foino na xuvenil.

As persoas gañadoras recibirán como premio unha cesta composta por produtos locais e de proximidade.